Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A sede de ABanca en Vigo, acolleu durante este luns a primeria xornada de “Collendo impulso cara a inclusión”, uns encontros que se desenvolverán en 7 cidades galegas co obxectivo de avaliar a nova “Guía de servizos de emerxencia social en lectura fácil” con profesionais no eido da exclusión.

A Guía foi elaborada a través do programa de “Collendo impulso” e mediante estas xornadas aproveitaremos sinerxias con outras entidades sociais para sensibilizar e difundir un maior coñecemento en torno á discapacidade intelectual e tamén para dar a coñecer os diferentes programas que levamos a cabo na Federación para apoiar ao colectivo e ás súas familias.

 Agás a última xornada -que terá lugar en Santiago de Compostela, e onde se presentará a Guía xa validada- as demáis serán con aforo limitado, destinado aos profesionais das entidades e asociacións que aparecen na devandita guía.

Á presentación de Vigo sumaranse en vindeiras datas as cidades de Ourense (26 de abril), Pontevedra (3 de maio), Lugo (10 de maio), A Coruña (31 de maio), Ferrol (14 de xuño) e Santiago de Compostela (28 de xuño)

Nesta primeira edición celebrada en Vigo, puidemos contar coa participación de Fundación Érguete, Provivenda, Rede de Mulleres contra os malos tratos, Diversidade Acolle, Cáritas, Accem e Fundación da Santa Cruz.

O Programa "Collendo Impulso" desenvólvese grazas a todas aquelas personas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda.