Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Coñecer novos recursos para mellorar a calidade de vida das persoas residentes, ao tempo que fomentamos o seu benestar físico e emocional, é o obxectivo deste novo curso que celebraremos os días 18 e 25 de maio asi como o 1 de xuño, e que será impartido por Javier Riobó Delgado, psicólogo especializado en psicoloxía clínica e psicoloxía do traballo e das organizacións. 

No curso abordaremos as condutas problemáticas que poden darse no marco dos servizos residenciais e aprenderemos a elaborar plans de apoio e habilidades para afrontar estas situacións de crise. 

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o 20 de abril e a ficha de inscrición deberedes achegala debidamente cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Neste enlace podes descargar a documentación para a túa inscrición así como o programa do curso