Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

No marco da campaña “Quero as miñas chaves”, participamos no encontro organizado por REAS Galicia (Rede de economía alternativa e solidaria de Galicia) e a rede Eusumo (Economía Social de Galicia), celebrado este martes co obxectivo de conectar a diferentes colectivos chamados a traballar no eido dos dereitos polo acceso a unha vivenda digna como Provivenda, Coop57, Ancoradoiro, Arquitectura sen fronteiras, Outra forma de vida, Seteoitavas, Cooperativa Kibutz e a propia Plena inclusión.

Pilar Villaverde, responsable do proxecto Mi Casa explicaba como nacía a iniciativa no eido do noso Movemento Asociativo “No ano 2019 España presentaba un informe sobre as medidas que se estaban a tomar para cumprir a Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Froito deste informe, o Comité avaliador encargado de velar polo cumprimento da Convención, expresaba a súa preocupación pola importante inversión que se continuaba a facer en residencias sen buscar una estratexia alternativa que iniciase un camiño cara a desinstitucionalización. Foi así como Plena inclusión comezou a poñer o foco sobre novos modelos de vivenda e a interesarse por coñecer o que se estaba a facer noutros territorios como Gales, a onde fixemos una serie de visitas para ver en primeira persoa como se lle daba resposta a este dereito”.

Así nacía o Proxecto Mi Casa, destinado a transformar os modelos de vivenda para persoas con discapacidade intelectual e maiores necesidades de apoio, “trátase dun proxecto co que pretendemos una transición dende o modelo residencial cara a unha vida normalizada en vivendas. Un proceso de transición que debe ser gradual, pois existen entidades que teñen vivendas en comunidade, outras que están a promovelas e outras que teñen institución aínda que consideran que ditas institucións deben cambiar, buscando un ambiente de fogar, de casa. Lóxicamente tamen temos lexislación que nos condiciona, pero todos vamos alineados no cumprimento da Convención”

Durante a xornada tamén se puxo o foco sobre a necesidade de fomentar un cambio non só nas institucións senón tamén nos profesionais, “cambiar o ambiente non basta, pois os profesionais son esenciais neste proceso e deben ser os primeiros que coñezan e promovan tódolo que as persoas con discapacidade intelectual poden aportar á comunidade . Non falamos de integrar ás persoas, falamos de incluír, de facelas partícipes da sociedade”. Co fin de visibilizar este proxecto naceu a campaña Quero as miñas chaves, que tamén tivemos a oportunidade de presentar ás demáis entidades de iniciativa social “calquera de nos levamos chaves da casa no bolsillo e non damos importancia a este feito, pero hai moitas persoas con discapacidade intelectual que non teñen unha chave, que non poden quedar cos seus amigo na casa nin decidir sobre os seus horarios, a súa rutina, ou que programa de televisión ver… cuestións que para a maioría de nós poden ser moi básicas, para eles son trascendentais”.

O encontro continuou coa exposición das iniciativas sociais doutras entidades como Provivienda e Fogar Si, que tamén colaboran na campaña Quero as miñas chaves e que falaron das iniciativas para mellorar as condicións de acceso e mantemento dunha vivenda adecuada, “sempre baixo os principios da autonomía, a corresponsabilidade e a non discriminación, acompañando ás persoas desde as súas necesidades e eleccións”.

 

Podes volver a ver o encontro seguindo este enlace: https://www.youtube.com/watch?v=ZjVDCby-PUM