Chega á Federación un novo espazo para os nosos maiores con discapacidade intelectual: o recuncho dos sabios. A través de varias sesións online de encontro e diálogo, desenvolveremos diferentes actividades en función dos intereses dos participantes: comentarios de noticias, presentación de temas de interese por expertos, entrevistas....
O día e a hora das sesións será acordado cos participantes, pero prevese que a periodicidade destas sesións sexa cada 15 días.
Para a realización dos encontros será necesario contar coa colaboración dunha persoa de apoio durante as sesións, así como en tarefas previas que aseguren a participación e desfrute das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
COMO PARTICIPAR?
Para participar é necesario enviar esta SOLICITUDE por e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata 26 de marzo.
Se precisas máis información podes chamar ó 981 51 96 50 ou enviar un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Consulta a información ao completo no PROGRAMA dos encontros virtuais.