Poñemos en marcha un novo curso centrado nos "Usos e escalas de calidade de vida familiar" destinado a profesionais de familias nas asociacións (principalmente profesionais de Psicoloxía, Pedagoxía, Traballo Social... ) ou profesionais que tiveran realizado anteriormente o curso de Enfoque Centrado na Familia.
Durante o curso, de 32 horas en modalidade online, presentaremos as dimensións do modelo de calidade de vida familiar, ao tempo que formaremos os e as profesionais nas posibilidades destas ferramentas, así como no concepto de "Calidade de Vida Familiar", instrumentos de medida e corrección e interpretación das mesmas.
Igualmente as alumnas e alumnos poderán coñecer casos prácticos de familias e de organizacións que lles axudarán a achegarse a esta metodoloxía.
O curso desenvolverase entre os días 5 de abril e 16 de maio.
* Consulta aquí o listado de admitidos/as.
** Esta acción formativa é de balde ao ser financiada polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a través do Programa IRPF - Formación y Gestión del Conocimiento para la Inclusión Social.