Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A bolsa de persoas auditoras e unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas.

Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente outra entidade ao tempo que poden solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.

Os obxectivos son:

- Xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas.

- Aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación.

- Ensinar o que facemos na entidade e aportar posibles solucións.

Asi mesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría. Este ano debido aos efectos derivados da crise COVID19, inclúese a posibilidade de realizar a auditoría interna de xeito on line.

Onde podo obter máis información? 

Tedes máis información no díptico da bolsa de auditores.

Ata que día podo apuntarme?

O prazo está aberto ata o 17 de marzo de 2021

Cando coñecerei quen me auditará e a quen auditarei?

O 22 de Marzo de 2021 remitirase o calendario co cruce de auditorías internas. 

No seguinte enlace podes descargar a documentación necesaria apra inscribirte: arquivos solicitude bolsa auditores.