Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 29 de marzo presentamos xunto ao Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) a "Guía de produtos de apoio para a plena inclusión". 

Trátase dunha guía elaborada polo COTOGA e adaptada a lectura fácil por FADEMGA, co obxectivo de facilitar a aquelas personas con maiores problemas de comprensión lectora os diferentes produtos de apoio que existen no mercado e como estos poden facilitar a vida das persoas. Na guía aparecen os produtos máis empregados e coñecidos, así como o seu funcionamento. 

A presentación será online e incluirá os seguintes relatorios: 

19:00 h. Benvida

19:30 h. Produtos de apoio e o seu potencial en Terapia Ocupacional.

A cargo de:

Ángela Méndez. Terapeuta ocupacional.

20:00 h. A lectura fácil para garantir o dereito á información.

A cargo de:

Mª Dolores Portela. Técnico de FADEMGA Plena Inclusión Galicia

20:30 h. Presentación da Guía de productos de apoyo para a plena inclusión, con adaptación a lectura fácil.

A cargo de:

Thais Pousada. Autora

Mª Dores Portela. Adaptadora.

Angélica Mª Gontan. Validadora

A presentación comezará ás 19:00 horas e poderás seguila neste enlace:  https://zoom.us/j/95339351577

* Descarga aquí o Programa