Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de adaptar a lectura fácil o “Plan Galego de Vacinación fronte á COVID-19”, co obxectivo de facer accesible dita información ás persoas con maiores dificultades de comprensión.

O documento explica a que persoas vacinarán primeiro ou en que consiste a vacina e inclúe respostas a preguntas frecuentes como: por que é importante vacinarse? é obrigatorio vacinarse? ou, ten efectos secundarios a vacina?

Así mesmo, dito documento foi revisado polo grupo de validadores con discapacidade intelectual da Federación para garantir que a información fose axeitada para persoas con diferentes niveis de comprensión lectora.

A lectura fácil é unha metodoloxía para crear documentos máis fáciles de entender, que beneficia a todas as persoas, pero é aínda máis necesaria para persoas con dificultades de comprensión como as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, maiores con deterioro cognitivo ou persoas con problemas de saúde mental. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Confederación Plena inclusión España, vimos reclamando ao Goberno que publique información adaptada para todas as persoas. Neste sentido, lanzábamos este mesmo ano o noso posicionamento oficial sobre accesibilidade cognitiva como parte da campaña #AccesibilidadeCognitivaXa

• Descarga aquí o documento sobre preguntas frecuentes da vacinación en galego

• Descarga aquí el documento sobre preguntas frecuentes de la vacunación en castellano

• Descarga aquí o Plan Galego para a Vacinación da Xunta de Galicia