Durante os últimos meses, persoas con discapacidade intelectual, profesionais, voluntarios, familias... estivemos debatendo e reflexionando sobre o futuro que queremos para o noso movemento.
Cales son os retos para o futuro?
En que áreas debemos mellorar?
Como podemos ofrecer un servizo máis personalizado e de maior calidade?...
Estas e moitas outras preguntas foron postas sobre a mesa e serán respondidas no plan estratéxico que guiará os nosos pasos como Movemento Asociativo nos próximos 4 anos.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde falamos das limitacións que nos poñemos á hora de dar apoio, as ideas preconcebidas, os límites que a sociedade impón para acadar a Plena inclusión...
Unha pequena fiestra para escoitar, entender e COMPRENDER!