Como cada ano nestas datas, o noso Servizo Xurídico volve novamente para informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter.
Nesta ocasión, a convocatoria adáptase á nova normalidade imposta pola crise da COVID-19:
- Por unha parte, as consultas serán atendidas por vídeo chamada de WhatsApp, para evitar riscos innecesarios, aínda que tamén poderán facerse de forma presencial no caso de ser posible.
- As charlas xurídicas realizaranse online, a través da plataforma zoom ou similares, pero no caso de que a situación o permitise tamén ofreceriamos a posibilidade de facelas presenciais.
Lembrade que a través do Servizo Xurídico podedes resolver todo tipo de dúbidas relativas a tutelas, herdanzas, patrimonio protexido, dependencia....
Dentro deste servizo, continuamos a ofrecer dúas modalidades:
a) As charlas xurídicas: Coas charlas xurídicas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias
b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.
Descarga aquí a documentación para a solicitude:
- Información xenérica sobre o servizo xurídico