Xa está en marcha un novo Círculo de conversas de cara a reflexionar e compartir ideas e opinións sobre cal debe ser o futuro do noso Movemento Asociativo.
Nesta ocasión, o debate xirará en torno ao alcance e articulación do noso movemento, o que nos levará a reflexionar sobre como traballamos e nos organizamos entre as diferentes entidades para dar mellor resposta ás familias e ás persoas con discapacidade intelectual.
Noutro orde de asuntos, tamén abordaremos o debate sobre os "sesgos", é dicir, os erros que podemos cometer ao comprender as cousas e como estes afectan ao noso comportamento.
Quen pode participar?
Persoas con discapacidade intelectual, familias, xunta directiva, profesionais, voluntariado do movemento asociativo Plena inclusión e mesmo persoas da contorna que teñan vinculación co noso movemento
Cando será este novo círculo de conversa?
O mércores, 16 de decembro de 2020 de 11.30h a 13.30h
Ata cando me podo inscribir?
Podes inscribirte ata o 14 de decembro ás 14.00h
Qué debo facer para inscribirme?
Enviar esta solicitude de participacion cuberta ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Onde podo atopar máis información?
Entra neste enlace e consulta tódala información sobre os círculos de conversa.