Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O envellecemento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é unha realidade que nos preocupa e nos fai reflexionar e repensar o papel das nosas organizacións para apoiar boas vidas na vellez.

Co fin de poñer o foco de atención neste colectivo, queremos convidarvos a participar neste encontro en liña, que celebraremos o vindeiro 3 de decembro (Día Internacional da discapacidade) e onde reflexionaremos sobre dous retos desta etapa, que cobran especial relevancia na situación actual de pandemia e dos que non é habitual falar porque implica un abordaxe de situacións complexas.

Para participar é necesario enviar a inscrición cuberta e asinada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ATA O 30 DE NOVEMBRO.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición enviaremos por correo electrónico o enlace zoom para poder conectarse.

Descarga aquí o programa da xornada e a ficha de inscrición.