Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha serie de conversas en liña para tratar temas clave que marcarán os próximos obxectivos do movemento asociativo Plena inclusión.
Xa sabes: "Non te escondas. É momento de participar", porque o Movemento Asociativo contruímolo entre todos e todas!
Quen pode participar?
Persoas con discapacidade intelectual, familias, Xunta Directiva, profesionais, voluntariado e persoas da contorna que teñan vinculación co Movemento Asociativo.
Cando é o primeiro círculo de conversa?
O martes, 24 de Novembro de 2020 de 11.30h a 13.30h.
Ata cando me podo inscribir?
Podes inscribirte ata o 17 de Novembro ás 14.00h.
Qué debo facer para inscribirme?
Envía a "Solicitude de participación circulo conversa 2020" cuberta ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Onde podo atopar máis información?
Descarga este documento e coñece en que consisten estes circulos de conversas.