Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Iniciamos o mes poñendo en marcha unha acción formativa moi novidosa dirixida ás familias!

Trátase dunha formación on line sobre a figura do Asistente Persoal. A Asistencia Persoal é una ferramenta indispensable para a Vida Independente, sendo un tipo de apoio personalizado, que se presta en contornas naturais (o fogar, a comunidade…), polo que complementa a outros tipos de apoio que as familias e persoas con discapacidade xa coñecen ben.

A pesar de ser una ferramenta con gran potencialidade, e recoñecida dentro do catálogo de servizos de atención á dependencia, a Asistencia Persoal aínda no é moi coñecida polas familias de persoas con discapacidade intelectual, e moitas veces é confundida con outros tipos de apoio.

Con esta formación pretendemos dar a coñecer ás familias este apoio, que está a coller moita forza no ámbito da discapacidade intelectual, e que nun futuro próximo, sen dúbida, adquirirá gran relevancia. As docentes seleccionadas son persoas moi competentes, amplamente recoñecidas no movemento asociativo de Plena inclusión como expertas nesta temática. 

Para máis información, podedes descargar aquí as bases da convocatoria

A acción formativa ten prazas limitadas, e cada familiar deberá cumprimentar o Formulario de Inscrición e envialo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O último día para facelo é o 10 de novembro.