Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Como ben sabedes, os últimos meses están a ser complexos para todos nós, non soamente pola propia ameaza da COVID-19, senón pola nova realidade á que temos que facer fronte; unha realidade se cabe aínda máis complexa para todo o noso colectivo.

Dende que se decretou o primeiro estado de alarma moitas persoas con discapacidade deixaron de asistir, de traballar e de participar nos seus centros e servizos. Unhas actividades que ademais de cubrir o seu tempo de lecer, tamén lles permitían socializar e saír da súa contorna habitual.

Por todo isto, dende a Federación queremos ofrecer a oportunidade de que todas aquelas persoas con discapacidade intelectual que o desexen, podan gozar duns días fora da súa contorna habitual, accedendo a diferentes actividades de ocio e de lecer.

Para elo, poñemos en marcha unha convocatoria excepcional do “Programa de vacacións IMSERSO”, a través do cal ofreceremos a oportunidade de realizar pequenas escapadas por Galicia, desfrutando de diferentes ofertas culturais, gastronómicas, de termalismo ou ben a través da contorna natural da nosa comunidade.

Todo coa maior garantía de seguridade e cumprimento dos novos protocolos en materia socio-sanitaria.

Neste enlace podedes acceder á información sobre esta convocatoria excepcional: dende os destinos ofertados ata unha guía de actuación que seguiremos nestas “escapadas”.