Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende o Programa de Líderes convocamos 3 formacións sobre participación e representación de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Unhas xornadas online a través das que pretendemos dar voz ao noso colectivo, ofrecendo os apoios adecuados para poder desenvolver unha apredizaxe da Participación e promovendo ademáis maiores ferramentas para que estas persoas podan relacionarse e participar na sociedade, nun plano de igualdade e como cidadáns de pleno dereito que son.

As 3 sesións formativas son as seguintes:

1. Formación sobre participación e representación

Datas: 28 de outubro e 2 de novembro

Horario: de 17:00 a 18:30 horas

Docente: María Gómez -Carillo

 

2. Experiencias de representación

Datas: 11 de novembro

Horario: de 17:00 a 18:30 horas

Docente: Xosé García García, Horacio Peláez Pérez, Ángeles Baldonedo Taboada

 

3. Como comunicar?

Datas: 25 de novembro e 2 de decembro

Horario: de 10:30 a 12:30 horas

Docente: Brais Fernández

 

O prazo de inscrición para participar nestas formacións permanecerá aberto ata o 23 de outubro

DESCARGA AQUÍ A DOCUMENTACIÓN PARA A TÚA INSCRICIÓN.

 

* Programa  financiado polo IRPF estatal.