Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

"Teño que buscar a forma de comunicarme con ela". 

Son palabras de Mª Carmen, nai de Katia e protagonista da nosa curtametraxe dedicada ás persoas con discapacidade intelectual con maiores necesidades de apoio. Unha curtametraxe que ven de gañar o "Premio ao Mellor Documental" no Festival DiversidArte da Coruña.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia non podemos estar máis felices por este recoñecemento, e esperamos que a historia de Katia e da súa familia chegue un pouquiño máis lonxe e poda axudar a outras familias que están a vivir situacións similares. E por suposto, tamén queremos agradecer a implicación de tódalas persoas que nos axudaron a facer realidade a curtametraxe:

GRAZAS a Katia e os seus familiares pola súa xenerosidade abríndonos as portas da súa casa.

GRAZAS a asociación Aspanane pola súa colaboración e predisposición para sacar adiante o proxecto.

GRAZAS a Gingko pola súa profesionalidade e bo facer tralas cámaras.

E por suposto, GRAZAS ao Festival “DiversidArte” por axudarnos a visibilizar a realidade que viven centos de familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Aquí vos deixamos o documental para que podades rememoralo ou achegarvos a el por primeira vez!

Adiante!