Dende o Programa de Cidadanía Activa e Accesibilidade Cognitiva, convocamos un curso de Formación avanzada en Lectura Fácil, co obxectivo de crear unha bolsa de adaptadores que colaboren coa Federación na adaptación e creación de textos adaptados.
O curso centrarase na análise de diferentes tipos de texto e enfoques a aplicar para obter un texto en lectura fácil, na creación de textos orixinais ou en coñecer ferramentas para a edición e corrección de textos, e desenvolverase en modalidade online entre o 21 de outubro e o 3 de decembro.
Esta formación está dirixida fundamentalmente a profesionais, familias e voluntarios das asociacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e será requisito para a inscrición ter formación previa en lectura fácil e ter realizado previamente algunha adaptación.
O prazo límite para a inscrición é o 13 de outubro.