Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Estamos de estrea! O vindeiro 2 de outubro, poderedes asisitir á presentación da nosa nova curtametraxe: LILITH

Dirixida por Rafael de Ramón Herrera, LILITH é unha achega á realidade das mulleres con discapacidade intelectual: unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e a discriminación que sofren estas mulleres no seu día a día. 

ONDE E CANDO PODERÁS VELA?

A presentación da curtametraxe terá lugar o día 2 de outubro no auditorio 1 do espazo CINC, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

   * Debido á limitación de aforo, as 45 primeiras persoas rexistradas asistirán ao primeiro pase (20:30) e as seguintes ao segundo pase (22:00 horas).

O prazo de inscrición remata o 30 de setembro. Informarásevos do pase que vos coresponda no correo de confirmación da praza o 1 de outubro. 

DESCARGA AQUÍ A TÚA INSCRICIÓN e envíanola debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.