A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ven de publicar esta mañá a Resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes con discapacidade intelectual para o ingreso na categoría de celador/a.
O pasado 13 de marzo de 2018, o SERGAS convocaba por primeira vez na súa historia prazas reservadas para a quenda de discapacidade intelectual na categoría de celador, unha oferta na que participaron máis de 220 persoas.Das 30 prazas ofertadas 24 foron adxudicadas a persoas que recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón un 80% do total de persoas presentadas.
Na actualidade, a Federación continúa a prestar apoio ao SERGAS, facilitando a incorporación tanto deste persoal celador como doutras categorías, unha colaboración que mantemos ininterrompidamente dende o ano 2017.
Dende FADEMGA Plena inclusión celebramos estes bos resultados e felicitamos a estas 24 persoas polo esforzo realizado. Asimesmo, tamén queremos poñer en valor o traballo e entusiasmo de tódalas persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo, e animámolos a continuar coa súa preparación de cara a vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia.
A continuación achegamos a distribución de prazas por hospitais:
.