Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha o concurso fotográfico “A ledicia en cada recuncho” co fin de poñer en valor as cousas positivas que nos deixou este ano, máis aló da problemática sanitaria que estamos a vivir.

As 12 fotografías seleccionadas serán as que acompañen o calendario 2021 da Federación. O concurso está aberto a tódalas persoas con discapacidade intelectual -sexan ou non dunha entidade federada-, co apoio dunha persoa (voluntario, familiar, profesional...)

Que tipo de imaxes podes enviar?

As imaxes deberán retratar momentos da vida cotiá que vos fixeron felices durante estos meses.

Cada participante poderá presentar ata 6 fotografías, que cumpran as seguintes características: 

- As imaxes deberán ser inéditas (non ter sido presentadas a outro concurso).

- Deberán ser en formato horizontal.

- Poderán ser a toda cor ou en B/N.

- Deberá figurar o nome/s do/s autor/es e no seu caso á entidade á que pertencen.

- Cada imaxe deberá constar dun título e breve descrición.

Que prazo tes?

Podes enviarnos as túas imaxes candidatas ata o vindeiro 2 de outubro á seguinte dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

DESCARGA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO

** Información sobre protección de datos