Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Do 24 ao 26 de setembro a Aldea do Mazo, en Lugo, acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual, a través do cal a Federación pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres, nun ambiente formativo e lúdico. O escenario tampouco é casual: unha contorna natural coa que queremos reivindicar a necesidade de visualizar ás mulleres do rural. 

O encontro contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir.

Pero sen dúbida, o acto principal terá lugar o día 26 coa presentación da nova curtametraxe da Federación "Lilith", unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enriba do explícito, trataránse temas como a maternidade, a culpa, a infantilización a sexualidade ou o decoñecemento social que hai cara a discapacidade intelectual. 

A inscrición para participar neste encontro permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de setembro, (inscrición que podedes atopar neste link) e deberá enviarse cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.