Seguimos a ampliar a nosa oferta formativa en liña de cara aos vindeiros meses coa incorporación de dous novos cursos centrados na dinamización e na mellora das informacións en lectura fácil.
A primeira destas formacións será "Deseño de publicacións en lectura fácil", e está orientada a coñecer as pautas do deseño para publicacións en lectura fácil e poder identificar erros.
Dirixido a profesionais, voluntarios e familiares de persoas con discapacidade intelectual, o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 14 de setembro.
Podedes descargar a documentación para a vosa inscrición NESTE ENLACE.
A segunda das formacións será "Dinamización de clubs de lectura fácil", e centrarase en dar a coñecer o formato da lectura fácil: os seus beneficios, colectivos cos que se traballa, materiais e experiencias de éxito; dotar ós participantes das pautas, ferramentas e materiais para dinamizar con éxito Clubs de Lectura Fácil, e ofrecer unha formación práctica que permita ós participantes crear e dinamizar sesións de Clubs de Lectura Fácil durante a formación.
Dirixido a profesionais, voluntarios e familiares de persoas con discapacidade intelectual, o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 25 de setembro.
Podedes descargar a documentación para a vosa inscrición NESTE ENLACE.