Varias mulleres con discapacidade intelectual están a rodar estos días a nova curtametraxe de FADEMGA Plena inclusión Galicia “Lilith”, a través da cal a Federación pretende concienciar sobre as diferentes situacións do colectivo na nosa sociedade.
A curtametraxe, dirixida por Rafael Ramón Herrera, estará composta por unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e o sufrimento destas mulleres Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a sexualidade, a culpa, a desconsideración, a infantilización ou o descoñecemento social que hai da discapacidade intelectual.
Así, sobre os relatos destas mulleres representadas en diferentes situacións cotiás, o fin último da obra será o de amosar que falamos de mulleres que reivindican unha vida propia, lonxe de dependencias.En definitiva, unha vida libre.
Prevese que esta peza poda presentarse no mes de setembro, como parte dun encontro de mulleres que acollerá a Federación dentro do Programa de Muller financiado pola Xunta de Galicia grazas ás aportacións dos contribuíntes que marcan a X solidaria na súa declaración da renda.