Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Apúntate para gravar unha curtametraxe.

Buscamos mulleres con discapacidade intelectual

para participar como actrices nunha curtametraxe.

 

Pode participar calquera muller con discapacidade intelectual

con poucas necesidades de apoio e con moitas necesidades de apoio.

A curtametraxe é muda.

As actrices só actúan, non falan.

 

A curtametraxe contará diferentes situacións

que viven as mulleres con discapacidade intelectual.

 

Imos gravar a curtametraxe os días 30 e 31 de xullo.

 

Esperámoste en FADEMGA o xoves 23 xullo as 11:00 da maña.

Ese día elixiremos ás actrices da curtametraxe.

 

A dirección de FADEMGA é:

Vía Pasteur 53A Polígono del Tambre,

15890 Santiago de Compostela.

 

Avísanos se queres participar e non podes chegar ata FADEMGA.

Chama a este número 681 212 986 ou envía un Whatsapp.