Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En vista da nova situación que nos toca vivir, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos ofrecervos unha nova forma de conectar con outras familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e.... que mellor que facelo tomando un café??

QUE OFRECEMOS

Dúas modalidades de café: cafés informais e cafés con experto.

- Cafés informais: un anfitrión moderará e dinamizará a actividade, promovendo a participación dos asistentes.

- Cafés con experto: un experto presentará unha temática e contestará as dúbidas e preguntas dos asistentes. 

DURACIÓN E HORARIO

- Cafés informais: entre 1 hora e 1 hora e media de duración.

- Cafés con experto: entre 1,5 e 2 horas.

 

O PRIMEIRO DOS CAFÉS XA ESTÁ EN MARCHA: APÚNTATE!

Este primeiro café será o vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 18:00 horas, xirará en torno a comprender e previr as alteracións de conduta, e estará dinamizado por Javier Riobó, profesional da entidade ASPAS e experto neste tema.

Se che interesa cubre a túa inscrición e envíanola antes do próximo xoves.

 

QUE TEMÁTICAS ABORDAREMOS NOS VINDEIROS CAFÉS? 

A nosa vontade é que estos encontros sexan útiles e colaborativos para todos e todas, e por elo, na ficha de inscrición poderás anotar os temas que máis che interesan que tratemos, como por exemplo: 

- Comprender e previr as alteraciós de conducta.

- A participación das familias nas asociacións.

- O Covid-19, ¿que aprendemos nesta crise?

- ¿Que é o duelo, como afrontamos as pérdidas, como podemos acompañar aos demais?

- As necesidades das familia, que recursos precisamos e cales temos.

- A tutela e outras figuras de protección.

- O acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual: boas prácticas.

- O envellecemento das persoas con discapacidade intelectual.

- A accesibilidade: unha ferramenta para a inclusión.

- A discapacidade: factores persoais e sociais.

- ¿Para que serve a ética? Algunhas experiencias.

- As necesidades das persoas con discapacidade intelectual.

     :: A sexualidade e a afectividade.

     :: O emprego.

     :: O proxecto vital.

     :: A participación.

     :: Outros (indicar).

- O papel dos irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual.

      :: Como apoio á persoa con discapacidade.

      :: Como apoio aos pais.

      :: Como apoio nas nosas organizacións.

     :: Experiencias con irmáns en Plena inclusión:

                       A Rede estatal de irmáns (confederación)

                       A comisión de irmáns e cuñados de FADEMGA

                       Os grupos de irmáns (entidades)

                       Os encontros autonómicos e estatais

                       As convivencias formativas

... por suposto, poderás suxerir calquer outro tema que che poda interesar e non vexas aquí reflexado. 

 


 

Descarga aquí a ficha de inscrición

Descarga aquí tódala información sobre o Café con familias