Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro xoves 18 de xuño, organizaremos unha sesión formativa online onde daremos unha serie de ferramentas esenciais para afrontar a volta á nova normalidade.

Contaremos para elo coa profesional Angels Ponce, terapeuta familiar e instructora en mindfulness, quen nos dará algunhas claves para adaptarnos a esta nova situación, e, por suposto, poderemos facer tódalas preguntas e comentarios que precisemos, pois trátase de que sexa unha sesión o máis participativa posible. 

 Para conectarvos, soamente teredes que pinchar neste enlace o día e hora sinalados (xoves 18 de xuño, ás 17:00 horas): https://zoom.us/j/95061846608

Descarga aquí a información da sesión