Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro venres 17 de xuño, ás 12 horas, participaremos no Seminario sobre o emprego público das persoas con discapacidade intelectual, onde falaremos sobre as necesidades de apoio das persoas con discapacidade intelectual nos procesos selectivos, emprego público nas zonas rurais e cidades, e ademais, presentarase en formato de debate un novo documento de Plena inclusión España.

Este documento é un Protocolo para as Administracións Públicas interesadas en convocar procesos selectivos adaptados para persoas con discapacidade intelectual. Tamén se presentará o proxecto europeo que facilita ferramentas para favorecer a inclusión de persoas con discapacidade intelectual no emprego a través da promoción da xestión da diversidade, tamén nas administracións públicas.

Poderás acceder a través desta ligazón: https://us02web.zoom.us/j/82912864991?status=success

Descarga o programa en PDF