*NOVIDADE: QUENDAS DE RESPIRO FAMILIAR DURANTE O VERÁN DE 2020
O prazo para solicitar a primeira estancia será ata o día 10 de xuño, e para a segunda ata o 14 de xuño. A partir de ahí serán os prazos habituais.
Descarga aquí as:
SERVIZO DE RESPIRO FAMILIAR 2020
Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2020 destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de reposo e tranquilidade.
Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia na contorna familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe económico e social.

O Programa tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas, e evita o desarraigo e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
- Consentimento familiar (Covid-19)