FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. Na actualidade contamos con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual (4.425 das entidades federadas + 1.959 de Bolsa propia).
Durante esta crise do COVID-19, as nosas entidades están a precisar de equipos de protección e prevención da pandemia, como máscaras cirúrxicas, luvas ou xel hidroalcohólico, e tamén debemos afrontar as adaptacións necesarias para facer fronte ás novas fases decretadas polo Goberno, como colocación de biombos, sinaléctica e información accesible, etc
Pola gran concentración de persoas nestes servizos, se non dispoñemos de equipos e asumimos esas adaptacións, temos un gran risco de seguir sufrindo contaxios e falecementos nos nosos centros.
Anímate a colaborar connosco e xuntos lograremos así a recuperar a normalidade e prestar os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
COMO FACER A TÚA DOAZÓN
Tes dúas opcións para colaborar connosco:
- Podes materiais para mellorar o equipamento das nosas entidades.
- Podes aportar unha cuantía económica para que a Federación faga directamente a compra de ditos materiais.
Esta doazón económica daría dereito á correspondente desgravación fiscal, 30% no caso das persoas físicas e 35% no caso das persoas xurídicas.
Para elo, cubre ESTE FORMULARIO e contactaremos contigo!
AXÚDANOS A DIFUNDILO!