O presidente da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Zona Náutico de Vigo, Rubén Pérez e o Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, veñen de asinar un Convenio destinado á formación prelaboral de persoas con discapacidade intelectual en empresas asociadas á Zona Náutico.
Trátase de promover o emprego de persoas con discapacidade intelectual que actualmente son beneficiarias das diferentes acción de apoio á formación e á inclusión laboral que ven realizando a Federación na provincia de Pontevedra.
Este proxecto de inserción laboral terá en consideración as necesidades e características de cada persoa, procurando a autonomía persoal, familiar e económica dos beneficiarios, para que estos podan acadar una inclusión social e laboral completa, como cidadáns de pleno dereito que son.
A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros da Zona Náutico de Vigo colaborará nas actividades de cara a permitir a realización de acción de motivación laboral e formación ocupacional, así como tendentes á plena incorporación ao mercado de traballo.
Igualmente, a Asociación tamén realizou unha doazón de material de protección para a FADEMGA Plena inclusion Galicia e as súas 40 entidades federadas.