Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19.
Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.
É por iso que vimos ofertar a seguinte iniciativa, para que persoas con discapacidade intelectual que se atopen interesadas, participen xunto cos voluntarios en quedadas virtuais.
Baixo o nome “Quedamos? Que temos moita leria!”, preténdese crear diferentes grupos para realizar conversas online na que as persoas compartan os seus intereses, gustos, preocupacións e se cree unha canle de comunicación que nos acerque máis ás persoas con discapacidade nestes momentos de illamento social.
Nos seguintes enlaces podes descargar a CONVOCATORIA EN LECTURA FÁCIL e a FOLLA DE INSCRICIÓN, para que a fagades chegar as persoas con discapacidade das vosas entidades.
O prazo de inscrición é ata o 29 de abril e a documentación deberás achegala a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.