Na situación de crise xerada polo COVID-19, sabemos que moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con dificultades na regulación da súa conduta van a ter momentos de desregulación. Pensando nestas situacións poñemos en marcha unha rede de asesoramento psicolóxico, de maneira telemática.
Trátase dunha rede de profesionais expertas en conduta que, coordinadas polas responsables da Federación, poden dar apoio nestas situacións ás familias ou ás e aos profesionais das entidades. Está pensada como medida “excepcional”, é dicir, en situacións graves ou nas que non se conte con outros apoios para poder dar resposta ás consecuencias da situación de estrés.
Descarga aquí a información completa sobre este novo servizo
Se estás interesado/a en solicitala podes atopar a documentación para a inscrición NESTE ENLACE