Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19. Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.

Entre as actividades de voluntariado que se poden realizar destacan as quedadas virtuais con persoas con discapacidade intelectual para axudalas a sobrelevar o illamento do confinamento, ou o apoio en diferentes actividades virtuais como manualidades ou deporte.

:: Que debes facer para inscribirte: 

Deberás enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. coa seguinte información:

- Ficha de voluntariado cuberta

- Compromiso de voluntariado

- Copia do DNI (imaxe escaneada ou en fotografía)

- Certificado negativo de non cometer delitos sexuais (Podes obtelo na seguinte dirección: https://sede.mjusticia.gob.es)

 

Aquí podes descargar tódala información sobre esta nova bolsa de voluntariado: 

- Información sobre a bolsa de voluntariado COVID-19