A federación consolida a súa aposta pola accesibilidade e pola formación dos profesionais na elaboración deste tipo de materiais
FADEMGA Plena inclusión Galicia impulsa dende hoxe unha nova rede, formada por diferentes profesionais das entidade membro da federación.
A rede de Accesibilidade Cognitiva nace co obxectivo de coordinar os diferentes traballos sobre accesibilidade, compartir o coñecemento e realizar proxectos conxuntos que nos permitan avanzar na elaboración de materiais accesibles para tódalas persoas con discapaidade intelectual.
Este novo grupo de traballo iníciase coa participación de 11 entidades federadas: AMICOS, EU SON, ACEESCA, CHAMORRO, JUAN XXIII, PAI MENNI, ASPAVI, BATA, ASPAS, ASPANAEX e ASPRONAGA e 20 profesionais que representarán aos grupos de accesibilidade cognitiva de cada asociación participante.
Nesta primeira reunión establecemos a misión da nova rede e as actividades que se abordarán na mesma, así como as normas de funcionamiento do grupo.
O vindeiro encontro será unha sesión formativa sobre accesibilidade cognitiva, que está previsto se celebre os días 30 y 31 de marzo, e que impartirá a Oficina de Accesibilidade Cognitiva de Extremadura.
Con esta nova iniciativa FADEMGA Plena inclusión Galicia refoza o seu compromiso coa accesibilidade congnitiva, un dereito que abre a porta de moitos outros como o dereito á saúde, a educación, a cultura ou o emprego.