Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 

O vindeiro martes, 10 de marzo, a Casa das Asociacións de Benestar Social (Cabes, Rúa Manuel María 6 – Salgueiriños) acollerá a xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia, estamos protexidas?"

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, o Presidente do Cermi Galicia, Iker Sertucha Lista e a Concelleira de igualdade do Concello de Santiago, Noa Díaz Varela, inaugurarán esta xornada organizada polo CERMI Galicia, na que participaremos a través do relatorio "Mulleres con discapacidade ante a violencia"

Nos seguintes enlaces podedes descargar o programa completo e horarios así como a solicitude para asistir ao mesmo, que deberedes remitir cuberta antes do vindeiro 6 de marzo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Programa e horarios

Inscrición