Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O pasado 8 de marzo de 2019, Silleda acollía o primeiro proceso selectivo do SERGAS convocado en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual.

Un total de 218 persoas con discapacidade intelectual, presentábanse a esta quenda específica do SERGAS, das cales 153 (o que supón un 69,86% do total) recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia (en concreto, 70 persoas da provincia da Coruña, 21 persoas de Lugo, 20 de Ourense e 42 de Pontevedra).

Este mércores, a Federación ven de coñecer que das 30 prazas convocadas para discapacidade intelectual, 25 recaeron en persoas que recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón o 83.3% do total.

Por provincias, o reparto de prazas quedou da seguinte maneira:

A Coruña: 15 Prazas

Lugo: 5 Prazas

Pontevedra: 3 Prazas

Ourense: 2 Prazas

:: Traballo conxunto do SERGAS e FADEMGA Plena inclusion Galicia

O presidente da Federación, Eladio Fernández, destaca a gran representatividade de FADEMGA Plena inclusion Galicia á hora de preparar aos aspirantes a esta praza e a minuciosa preparación que a Federación lles aporta “En FADEMGA Plena inclusión Galicia traballamos co obxectivo de potenciar as habilidades de cada persoa con discapacidade intelectual e ofrecemos material adaptado a lectura fácil, o que lles facilita os alumnos a comprensión e o estudo do temario”.

O presidente destacou tamén a estreita colaboración entre Administración e Federación “FADEMGA Plena inclusion Galicia e a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, mantivemos unha colaboración continua co fin de realizar as adaptacións necesarias para garantír a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade intelectual no acceso ao emprego público e para asegurar que o proceso selectivo se celebrase con plena normalidade”.

As persoas con discapacidade intelectual que se presentan a exame, puideron preparar o temario grazas a que este foi adaptado ao método da lectura fácil, un traballo de adaptación levado a cabo polo propio SERGAS coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia, que ofreceu as pautas e a supervisión para que a adaptación se levase a cabo conforme á normativa De Lectura fácil establecida por Inclusion Europe e pola IFLA (Federación Internacional de Instituciones Bibliotecarias)

As instrucións escritas para o exame, a plantilla de respostas e outra documentación de apoio para o proceso selectivo foi adaptado por técnicos da Federación e validado por grupos de persoas con discapacidade intelectual formados nesta metodoloxía de accesibilidade cognitiva.