Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A Deputación de Coruña concedeu unha nova subvención por unha contía de 16.856,82 € a FADEMGA Plena inclusión Galicia, correspondente ao Programa FOAXE-P (Programa de Subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de Programas de Servizos Sociais no ano 2019)

O obxecto desta subvención foi o de ofrecer apoios ás familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento da provincia de A Coruña, a través de estancias programadas en instalacións comunitarias (respiro familiar). Nestas estancias participan persoas con discapacidade intelectual acompañadas por coidadores coa finalidade de posibilitar que os seus familiares coidadores principais, dispuxeran duns días de descanso para conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral.