Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, dereito ao voto etc.

Dentro deste servizo, a federación ofrece dúas modalidades:

a) As charlas xurídicas: Coas charlas xurídicas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias

b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.

Descarga aquí a documentación para a solicitude: 

- Consultas individuais

- Charlas xurídicas

- Información xenérica sobre o servizo xurídico

 

 

:: DATAS E PROVINCIAS DA ATENCIÓN DAS CONSULTAS INDIVIDUAIS PARA O 2020

 

:: Primeira charla xurídica do ano

O pasado 16 de xaneiro, 22 familiares da ANPA de Vilagarcía e da asociación Con Eles participaron na primeira charla xurídica do ano. A nosa avogada María José falounos da modificación da capacidade de obrar, da responsabilidade dos titores, da importancia da comunicación dentro da familia e do testamento.