Como sabedes, as pilotaxes son programas que nacen para xerar micro transformacións, a través dunha temporalidade e metodoloxías concretas e mediante a creación de equipos específicos para desenvolvelos nas entidades.
Este ano, contamos con 2 novas convocatorias de pilotaxes:
- Proxectos cara a servizos centrados nas persoas en nas súas familias. (Servizos centrados na comunidade)
Moitos dos centros e servizos cos que contamos foron creados na visión do déficit, dende un enfoque centrado na discapacidade e nas limitacións da persoa. Neste momento é urxente e prioritario desenvolver novos modelos de prestación de apoios e servizos, así como novas prácticas, que contribúan a avanzar cara a modelos de apoio e tipoloxías de servizos centrados nas persoas (cada persoa e a súa familia) co fin de promover e facilitar a inclusión na comunidade.
- Proxecto de educación inclusiva.
O proxecto de educación inclusiva persigue facilitar un proceso de transformación cara unha educación inclusiva. Promove o desenvolvemento de procesos de innovación na aula, implementando metodoloxías de aprendizaxe innovadoras e que actualmente están sendo aplicadas en entornos escolares ordinarios con bos resultados.
NESTE ENLACE dispoñedes de información relativa a cada unha destas pilotaxes, calendario coas principais actividades, os criterios de selección das entidades e a documentación a presentar (solicitude e compromiso de participación).
ENVÍO DE SOLICITUDES: Podedes enviar ás vosas solicitudes ó correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
PRAZO: O último día para enviar as solicitudes remata o xoves 23 de xaneiro