Tres expertas en recursos humanos enfróntanse ao reto dun proceso de selección a cegas.
Coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de decembro, FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza o anuncio “Hai moitas capacidades detrás dunha discapacidade intelectual” que quere chamar a atención sobre as dificultades que sofren as persoas con discapacidade intelectual para acceder a un emprego digno.
Estas barreiras teñen como consecuencia o empobrecemento deste sector da poboación. Trátase dun problema tan descoñecido como grave.
E se puidésemos ver as capacidades antes que a discapacidade?
No vídeo da campaña móstrase o experimento real no que participaron 3 consultoras de recursos humanos, especializadas na selección de directivos, e tres candidatos a un emprego. Durante o proceso de selección, completamente a cegas, as expertas teñen que avaliar a un candidato para un posto concreto. Estarán ou non capacitados para iso?
Segundo o Artigo 35 da Constitución Española: 1. Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso poida facerse discriminación por razón de sexo. Pero o certo é que só 7 de cada 100 persoas con discapacidade intelectual, que poden traballar, o fan e cobrando un 60%. Estas dificultades levan ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias para sufrir risco de exclusión social.
Na campaña “Hai moitas capacidades detrás dunha discapacidade intelectual” os grandes protagonistas son os candidatos ao emprego: Pilar, Débora e Alberto. Eles dan voz a un colectivo poucas veces escoitado e completamente ignorado en cuestións de emprego. Canto nos estamos perdendo por mirar o mundo a través dos nosos prexuízos?
3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade conmemórase o 3 de decembro para chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos crave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento.
Grazas por axudarnos a difundir!
PARA VISUALIZAR, COMPARTIR E DESCARGAR A CAMPAÑA
Link de Youtube: https://bit.ly/2Led8jI
Link de Facebook: https://www.facebook.com/PlenaInclusionGalicia/
Link Twitter: https://twitter.com/PlenaGalicia
Link de Instagram: https://www.instagram.com/plenainclusiongalicia/
Link de LinkdIn: https://www.linkedin.com/company/11855822/admin/
Link de descarga do vídeo en DropBox: https://bit.ly/2LdEG8u
Link de descarga das gráficas da campaña en DropBox: https://bit.ly/2P6fT7A