Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

A Bolsa de auditores...Que é?

A bolsa de persoas auditoras e unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.

O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas. Aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación. Ensinar o que facemos na entidade e aportar posibles solucións. Asi mesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.

 

Onde podo obter máis información?

Tedes máis información nos seguintes arquivos:

- Díptico da Bolsa de persoas auditoras internas FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Ficha de inscrición na Bolsa de persoas auditoras internas FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Compromiso Bolsa persoas auditoras internas FADEMGA Plena inclusión Galicia

 

Ata que día podo apuntarme?

O prazo está aberto ata o 13 de Decembro de 2019

 

Cando coñecerei quen me auditará e a quen auditarei?

O 20 de decembro de 2019 remitirase o calendario co cruce de auditorías internas