Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O vindeiro 30 de novembro Santiago de Compostela acollerá unha nova edición do Foro de Familias!

Este Foro, un clásico da nosa Federación, está de volta para abordar a importancia da comunicación dentro da familia. Un espazo aberto á participación, onde reflexionaremos xuntos sobre as dificultades de participación e de comunicación dentro das familias a través da “simulación” de varias situacións.

SE QUERO ASISTIR... QUE FAGO?

Ir á miña asociación, cubrir a inscrición e asinala. Unha vez confirmada a praza, a asociación enviará o xustificante de ingreso coa inscrición asinada.

INSCRICIÓN. Cada persoa interesada cubrirá unha inscrición e deberá asinala. A partir do 20 de novembro confirmaremos as inscricións admitidas.

Para realizar a vosa nscrición, deberedes remitir a ficha CUBERTA e ASINADA a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

DESCARGA AQUI A INFORMACIÓN A INSCRICIÓN E INFORMACIÓN DA XORNADA