Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Por terceiro ano consecutivo, chega a FADEMGA Plena inclusión Galicia a Convivencia Formativa de irmáns e irmás baixo o lema "A vida é puro teatro".

Dous días de confraternización co obxectivo de facer un repaso a través dos logros acadados polos irmáns dentro do movemento asociativo de Plena inclusión, e avaliar as dificultades para participar dentro da familia: o proteccionismo, a (in)comunicación, a (des)información, os medos, os malentendidos,....

Carmela González Lagarón, Moisés Lamigueiro e o dinamizador Brais Fernández, serán os conductores das xornadas, que se celebrarán o vindeiro 19 e 20 de outubro en Padrón.

:: Os irmáns e cuñados, un papel cada día máis relevante

Ser irmán ou cuñado/a dunha persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e responsabilidade van unidas. Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan apoio, información e vías de participación nas organizacións que os representan, co fin de manter e de fomentar unha estrutura de axuda.

A través destas xornadas de convivencia, FADEMGA Plena inclusión Galicia quere aportarlles un espazo onde poder formarse sobre temas de interese para eles, así como apoialos na implicación e no traballo en prol da visibilización do colectivo.

Descarga aquí a documentación con información e ficha de preinscrición no Foro.