A maioría das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento envellecen antes e máis rápido que o resto da poboación. Moitas persoas con discapacidade a partir dos 45 anos presentan procesos de envellecemento que a poboación xeral soe ter cara ós 65 ou 70 anos.
Dende a Federación cada vez somos máis conscientes desta realidade, máis evidente se cabe nunha pobación tan envellecida como a da nosa comunidade, e por elo poñemos en marcha esta 2ª sesión de traballo sobre o proceso de envellecemento en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: "Xuntos medramos nos apoios que prestamos".
Durante este día, analizaremos e reflexionaremos sobre as necesidades das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento, compartiremos actuacións e estratexias que se están levando a cabo para apoiar as persoas que se atopan nesta etapa e presentaremos o vídeo "Cumprindo anos contigo" ao que seguirá un debate entre os asistentes.
Durante a xornada tamén contaremos cos relatorios de Ildefonso de la Campa, director xeral de maiores e discapacidade da Xunta de Galicia, que presentará o proxecto "Casa do Maior", así como con membros da entidade PRONISA Plena inclusión de Castela e León, que nos achegarán ao seu proxecto "A gusto en mi casa" no que se evidencia que é posible crear un sistema eficiente de atención ás persoas maiores dependentes, con discapacidade ou pacientes crónicos a través dos apoios e servizos sociosanitarios que necesiten e nos seus propios fogares, que é onde queren vivir.
A xornada está orientada a profesionais das entidades federadas a FADEMGA Plena inclusion Galicia, acompañados por algunha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maior de 45 anos e/ou en proceso de envellecemento e/ou algunha familia.
Se estás interesado/a, podes descargar aquí o PROGRAMA e INSCRICIÓN, e enviárnola debidamente cuberta e asinada, a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , ata o 27 de setembro
A xornada celebrarase o vindeiro 1 de outubro no edificio CERSIA (Santiago de Compostela).