Xa podedes acceder aos cursos abertos de formación financiados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social na convocatoria de IRPF "Ética para valentes", "Apoio conductual positivo" e "Navegar seguro", para iso podedes utilizar o voso usuario e contrasinal e auto-matricularvos mediante a ligazón de cada curso. Se non estades dados de alta na plataforma, podedes rexistrarvos picando esta ligazón
*Recoméndase o uso do navegador Google Chrome
"Ética para valentes"
Un curso para quen ten a coraxe de facer unha viaxe de reflexión profunda e de compromiso coa transformación da súa acción profesional. Unha viaxe a través dunha mirada íntima e crítica ás nosas crenzas, actitudes e condutas. Unha formación orientada a construír e manter comportamentos humanizadores, xustos e solidarios en toda a nosa acción profesional e persoal.
"Apoio conductual positivo"
Este é un curso BÁSICO sobre Apoio Condutual positivo deseñado para persoas de apoio. Poderás coñecer os valores e practicas máis relevantes desta maneira de entender e prestar apoios.
"Navegar seguro"
Neste curso poderás aprender como utilizar internet de forma segura e como protexer os teus datos persoais.