A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar a Resolución pola que se aproban as listas dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, así como as listas de adxudicatarios de prazas por orde de puntuación no mesmo, para o ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de axudante de xestión e servizos comúns, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Nesta ocasión, convocáronse 279 prazas en toda España baixo o sistema de concurso-oposición, das cales 23 corresponden a Galicia (8 prazas en A Coruña. 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 3 en Pontevedra, 2 en Vigo e 1 en Marín)
O exame da oposición celebrábase o 22 de setembro de 2018 na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid.
Das 23 prazas ofertadas para Galicia 19 foron adxudicadas a persoas que recibiron apoios de FADEMGA (82.60%).
Ademais, outra persoa preparada en FADEMGA conseguiu unha praza en Oviedo.
Os aprobados que obteñen praza neste proceso selectivo disponen agora de 20 días hábiles para presentar a documentación necesaria para a toma de posesión.
FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra estes resultados tan satisfactorios e felicita a estas vinte persoas polos resultados obtidos e o esforzo realizado. Asimesmo, a Federación quere felicitar ás máis de 200 persoas con discapacidade intelectual que prepararon este proceso selectivo co apoio de FADEMGA polo seu esforzo e entusiasmo e anímaos a continuar coa súa preparación de cara a vindeiras convocatorias da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia FADEMGA Plena inclusión Galicia, Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, conta na actualidade con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.409 persoas con discapacidade intelectual, e 8.269 socios.