Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia reivindica a lectura fácil como forma de facer máis accesible a lectura ás persoas con dificultades de comprensión.

A lectura fácil é un método de redacción, deseño e maquetación de documentos que naceu en Suecia nos anos 60 e que fai que estes sexan máis fáciles de comprender. Dende esa época, especialmente no noso país, a lectura fácil viviu unha constante evolución e, a pesar diso, falta moito camiño por percorrer.

Por elo, dende a Federación reclamamos máis recursos para a investigación e a súa inclusión no desenvolvemento normativo tendo en conta que a lectura fácil é un sistema válido para promover o acceso á lectura e, con él, lograr unha maior inclusión das persoas con discapacidade intelectual no mundo da cultura.

A lectura fácil conta cunha longa traxectoria En 2009 e 2012, Plena inclusión participou no proxecto europeo Pathways que deu lugar ao nacemento das pautas europeas de lectura fácil de Inclusion Europe. Ademais, o ano pasado, tras dous anos de traballo, viu a luz a norma de calidade UNE de lectura fácil, primeira no mundo sobre esta metodoloxía. A nosa organización apostou polo desenvolvemento de proxectos como “Leo Fácil”, unha colección de literatura adaptada a lectura fácil, ou os encontros de boas prácticas de lectura fácil “Letras para todos”.

A lectura fácil é moi necesaria

Este ano 2019, Plena inclusión España publicou un estudo sobre a comprensión lectora que demostra que a lectura fácil é moi necesaria. O estudo -realizado coa Universidade Autónoma de Madrid co apoio de Fundación ONCE- establece catro niveles de comprensión lectora, relacionados co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas: nivel A, nivel B-, nivel B+ e nivel C.

O 70% das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento superaron o nivel A, equivalente á lectura fácil, o que demostra que -para que a información chegue a esta poboación- é necesario ese nivel de adaptación.