Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Plena inclusión pon en marcha a maquinaria organizativa do Encontro Estatal de irmáns, e tí podes formar parte del!

Este ano, o encontro terá lugar en Salamanca os días 8 e 9 de xuño (ver Preprograma).

En Galicia dispoñemos de 3 prazas e poden inscribirse irmáns e cuñad@ s (maiores de 18 anos) de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Daremos prioridade aos que participen en grupos de irmáns das nosas asociacións ou da Federación.

Se estades interesados/as en participar neste Encontro, podes enviarnos a túa inscrición cuberta cos teus datos e sinatura.

O prazo para enviar cuberta a inscrición á Federación finaliza o 9 de maio (que será o último día para enviala). Unha vez recibidas todas as inscricións, desde a Federación confirmaremos a dispoñibilidade de praza e informaremos de como poderedes formalizar o pago da mesma.

Cada asistente confirmado terá que asumir o seu couta de inscrición (40 euros).

A Confederación asumirá os custos de aloxamento dos participantes e a Federación os custos de desprazamento .

Podes mandar a tua inscrición cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.