Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Co obxectivo de sensibilizar e loitar contra os prexuízos e a discriminación á que se enfrentan moita persoas con discapacidade intelectual e para promover actitudes positivas, Plena inclusión pon en marcha o proxecto “Traballando polo bo trato”

Esta iniciativa (na que contamos coa alianza de PROTEDIS, (entidade asociada á UNED - Universidade Nacional de Educación a Distancia), nace coa misión de protexer ás persoas con discapacidade intelectual de calquera forma de abuso e erradicar calquera forma de malos tratos cara a este colectivo.

:: O proxecto piloto

O obxectivo de Plena inclusión é realizar unha pilotaxe en 30 centros e servizos de atención a persoas con discapacidade intelectual en todo o país, utilizando as ferramentas desenvoltas por PROTEDIS para previr e actuar ante situacións de malos tratos en centros de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

O proxecto, que comezará en abril 2019 e se desenvolverá ata decembro de 2020, está dirixido a Centros e Servizos con interese e preocupación por mellorar as súas prácticas e estilos de apoio ás persoas.

* Non é preciso que o Centro participase previamente en accións formativas, proxectos de transformación ou procesos como calidade plena. Realizarase a selección das entidades de acordo aos seguintes requisitos.

Se estás interesado/a en aprticipar coa túa entidade, podes consultar o proxecto completo neste enlace e contactar connosco na seguinte dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 11 de marzo.